crianza

Proceso polo que o viño adquire sabor, color e cheiro especiais por estar gardado durante anos en recipientes apropiados

Etimoloxía

Probablemente derivado romance de "criar", creare en latín.

Exemplos *

“Na adega situada nun edificio anexo ao casal elaboran, exclusivamente coas uvas das súas 12 hectáreas, tres tipos de viños brancos: un con crianza en barrica, outro con crianza sobre lías e o terceiro sen crianza.” (Antonio Portela: A Nosa Terra, 29/01/2009)

“Sen referirse precisamente ao viño de misa, que por certo, dese nunca gastou frei Amaro, que o viño doce e mailo branco levántanlle dor de cabeza, así que as misas de San Eirís sempre se deron cun Ribera del Duero Crianza, que o frade crerá ser Cristo, pero ser é sibarita.” (Inma López Silva: Concubinas, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.