cribeiro, -a

Persoa que fai ou vende cribas ou cribos

Etimoloxía

Termo formado desde “cribo”, que chega do latín cribum, -i ‘peneira’.

Exemplos *

“Manuel Blanco Romasanta é de profesión bufariñeiro e posúe unha certa tendencia feminil, exercendo, ou tendo exercido, os oficios de alfaiate, cociñeiro, cordeleiro, criado, cribeiro, estraperlista, pegureiro, peneireiro e tendeiro.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

“Os camiños reales con xentes de fóra, traxinantes e mercadores, paneiros, cribeiros e caldeireiros...” (Aquilino Iglesia Alvariño, Nenias, 1961)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.