criminóloga, -a

Especialista en criminoloxía

Etimoloxía

Neoloxismo formado polo elemento “crimin(o)-” do latín crimen, -inis ‘crime’ e o sufixo -logo ‘o que estuda’, ‘especialista en’.

Exemplos *

“Os avogados Iñigo Uruin e Amaia Izko, a criminóloga Laura Pego, a psicóloga Amaia Iraizoz, o ex maxistrado francés Serge Portelli, e o historiador Iñaki Egaña comparten protagonismo no relato desta historia que marcou a comarca de Sakana.” (Redacción: Nós Diario, 19-9-2025)

“Alí pretenderá atopar explicacións e, do mesmo modo, exercitar a súa vea criminóloga co devir dun tío preso no penal de Ushuaia por un delito relacionado co seu trauma infantil e as raizames da civilización nas tribos da Patagonia.” (Vanesa Rodríguez Tebrás: Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, nº 15, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.