Planta perenne orixinaria da China da familia das compostas, da que existen varias especies, que dá polo outono unhas flores grandes con moitos pétalos, que poden ser de cor amarela, rosa, branca, morada etc.
Etimoloxía
Vocábulo que vén desde o latín chrysanthemum, pero é unha adaptación do grego chysánthemon ‘flor dourada’.
Exemplos *
“Non había fotografía, nin máis crisantemos ca unha lata enferruxada.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)
“A fragancia das gardenias estaba converténdose en fedor de podres crisantemos de morte.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.