Bolo feito de masa de follado que ten forma de media lúa.
Etimoloxía
Esta forma en francés denomina o cuarto crecente da Lúa, derivado do verbo croître 'crecer'.
Exemplos *
"Tiña pensado ir tomar un café con leite e un croissant ao bar Teide pero unha idea repentina fíxoo rexeitar aquel proxecto." (Manuel Forcadela: Barato, barato)
"Xa naquel intre en que o viu por primeira vez, bebendo algo sen dúbida alcohólico de boa mañá, entre croissants e cafés con leite, tivo a sensación de que aquel home era o prototipo do fuxitivo." (Inma López Silva: Concubinas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.