Abundancia de cores, especialmente en obras de arte
Etimoloxía
Palabra culta que chega desde o grego chrōmatismós, e á súa vez de chrōmatízein 'poñer cor'.
Exemplos *
“A sala dedicada á obra de Lois é luminosa, e cada unha das láminas penduradas nas paredes brancas semella unha fiestra de escuro e enigmático cromatismo.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
“O cromatismo e o enfeite van concentrados no boteiro, coroado pola enorme pantalla, mitra, cadro, alza ou carapucho, adobiado el de fitas e flocos de todas as cores, rechamante atractivo, magnífico na súa face bigotuda e hierática.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.