cruceiro

Viaxe de recreo por mar facendo escala en varios portos para visitalos

Etimoloxía

Termo derivado sobre “cruz” que vén do latín crux, crucis.

Exemplos *

“Seguro que algún de vós é rico e non se atreve a dicilo en público (e bota en falta artigos para ese perfil). Para todos vós, avoas británicas e hipsters galegos con cartos, chegan os cruceiros "escolle a túa aventura", nos que os pasaxeiros van escollendo sobre a marcha os portos nos que facer escala.” (Ana Bulnes: Diquecool, número 8, 4-2014)

“Había xente que viaxaba soa, outros en parella, familias con nenos, algunha muller embarazada. O normal. O normal neste tipo de viaxes marítimas, nestes cruceiros de pracer. Todos con cara somnolenta pero felices por que chegase este día.” (Alex Alonso: Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.