cruceiro

Cruz grande de pedra, lisa ou con figuras esculpidas, sobre unha longa columna asentada nunha plataforma, que se sitúa principalmente nas encrucilladas, á beira dos camiños, nos límites das parroquias e nos adros das igrexas.

Etimoloxía

Deriva de cruz, tomada do latín crux, crucis.

Exemplos *

“Chegará o camiñante a unha encrucillada, ese lugar venerable e temible no que cada enterro vai facer unha parada, ineludiblemente aínda sendo varias, para rezar un responso; e no que pode haber un cruceiro e mesmo un peto de ánimas ...” (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)

“O cruceiro pontevedrés de Hío ilustrará un selo de Correos.” (O Correo Galego 30-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.