crueldade

Acción cruel

Etimoloxía

Voz procedente da latina crudelĭtas, -ātis de significado semellante.

Exemplos *

“A pantalla do televisor era un escudo que vestía as historias máis tráxicas de ficción. Os faladoiros sobre a dor da familia ou a crueldade do asasino semellaban menos reais detrás do plasma.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortes, 2021)

“Estes vitimarios demostraron un nivel de crueldade que interpela aos distintos responsábeis institucionais mais tamén ao conxunto do corpo social e, singularmente, á poboación masculina.” (Xesús Veiga: praza.gal, 18-6-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.