Representación figurada da cruz de Cristo, símbolo dos cristiáns / Instrumento de suplicio formado por dous madeiros atravesados un sobre o outro en ángulo recto, dos que se penduraba, suxeitos de mans e pés, aos condenados a morte
Etimoloxía
Voz que provén do latín crux, crucis de significado semellante.
Exemplos *
“Na Bretaña non existen cruceiros románicos. O lech de Rungleo, chamado «cruz dos doce apóstolos» é a única obra románica deste xénero.” (Daniel Rodríguez Castelao: As cruces de pedra na Bretaña, 1930)
“O cardeal Saavedra rezaba. Era un espazo totalmente limpo. Só seis bancos, dispostos de forma paralela, un sobrio altar na fronte cuberto cun manto e ao fondo, unha austera cruz de madeira.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.