cualificación

Palabra ou número co que se cualifica ou establece o grao de perfección de algo ou de alguén.

Etimoloxía

Deriva de cualificar, que procede do latín tardío qualificare, composto a partir de qualis 'de que clase' e ficar, baseado en facere 'facer'.

Exemplos *

"Fun á escola, á agrupación escolar, e fixen o que daquela se chamaba Ensino Xeral Básico con boas cualificacións." (Marica Campo: Memoria para Xoana)

"Cando a ruliña se examine oficialmente nun instituto obterá, como sempre, excelentes cualificacións e pasará a Selectividade sen problemas e con puntuación alta." (Xosé Antonio Perozo: Martázul)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.