cuarcita

Roca metamórfica formada principalmente por cuarzo pero que tamén pode conter pequenos cristais de mica que presenta gran dureza e tenacidade

Etimoloxía

Palabra creada co substantivo cuarzo, que procede do alemán quartz co mesmo significado e o sufixo –ita que nomea minerais.

Exemplos *

“As devanditas ferramentas, feitas con seixos de cuarcita ou de sílex (dos útiles de madeira que fabricaron non quedou loxicamente rastro ningún) e talladas por percusión por unha soa cara, son os primeiros restos arqueolóxicos coñecidos.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)

“O material presente na zona é de natureza xistosa (cun compoñente micáceo na zona de Fazouro e areniscoso na de Ribadeo), alternando con capas de cuarcita, o que facilita a aparición de fenómenos de erosión diferencial.” (Fernando Lahuerta Mouriño, Nicolás Lucas Domínguez: Itinerario Xeolóxico no Norte de Galicia, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.