cuarteto

Estrofa de catro versos hendecasílabos.

Etimoloxía

Vocábulo que se toma do italiano quartetto que, á súa vez, deriva de quarto ‘cuarto’.

Exemplos *

“Tratándose de verso libre evítase que comezar polos tercetos estrague a estruturación da rima. É máis, o soneto de volta posúe tres cuartetos e un pareado, como os de Shakespeare, e unhas pausas internas que non se aprecian na lectura convencional.” (Xurxo Borrazás: Contos malvados / O poeta el, 1998)

“Nese intre, nos grandes poetas a inspiración acóugase en versos aparentemente sinxelos, transparentes, que adoitan polo xeral a forma do cuarteto ou da copla popular.” (Juan Rof Carballo: Mito e realidade da terra nai, 1957)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.