Era xeolóxica actual, iniciada hai un millón de anos aproximadamente.
Etimoloxía
Procede do adxectivo latino quaternarius, -a, -um 'que ten catro pés', a partir de quaterni 'de catro en catro'.
Exemplos *
"… criárase en Becerreá e aproveitaba os retornos madrileños para dirixir a busca de restos arqueolóxicos e fósiles do cuaternario no castro do Santo de Cadoalla." (Helena Villar Janeiro: O Correo Galego 12-10-2001)
"Por iso sabemos que no período cuaternario, nos últimos dous millóns de anos, sucederon rapidamente catro glaciacións." (Xerardo Neira: O Correo Galego 13-05-2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


