cubela

Terreo fondo que está entre dúas montañas

Etimoloxía

A orixe deste termo podémolo atopar no latín cupella ‘recipiente pequeno’.

Exemplos *

“Polo outro lado, légoas e légoas de Chaira cunha sucesión fermosísima de sombras e raiolas. Na ladeira do monte nas cubelas do Franxó —rogas de homes e mulleres estendendo o borrallo, facendo os valados e as sebes, sementando o centeo e a ferraxe .” (Dino Pacio Lindín: Terra húmeda, 1979)

“Nas cubelas, baixo os carballos onde tantas veces ensaiou a banda nas tardes de verán, despedíronse. Foi a última vez que o viu.” (F.X. Fernández Naval: O bosque das antas, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.