cubil

Lugar no que se refuxia ou vive un animal

Etimoloxía

Palabra que bebe da latín cubile que significaba ‘cama’ e tamén ‘niño’ ou ‘cova dos animais’.

Exemplos *

“Tampouco non tardou en dar co Ramón de Ferreira, que botara o can fóra do seu cubil do palleiro, nin co Xan de Castiñeira, acochado no alboio detrás do carro. Pero Francisco Vispalia non aparecía por ningures.” (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras, 1994)

“Durante o inverno, coa baixada das temperaturas e a aparición de temporais que dificultan a supervivencia, osos e teixugos entran nos seus cubís para adoptar un estado de hipotermia mentres duren as duras condicións ambientais.” (Juan Ignacio Díaz d’a Silva e Yosy Cartelle: Guía dos mamíferos de Galicia, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.