Ocuparse os medios de comunicación ou un periodista en concreto da información sobre un asunto
Etimoloxía
Voz que bebe na latina cooperīre.
Exemplos *
“En Alxeria a organización denunciou a detención dunha decena de xornalistas que ían cubrir unha manifestación en Orán, ademais dos problemas para traballar que atoparon noutras cidades.” (Axencia: Galicia Hoxe, 9-3-2011)
“Encargáronme cubrir as previas ao combate entre Gironés e Freddie Miller, amén da propia pelexa entre estes señores, claro.” (Xabier López López: Olympia Ring, 1934, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


