cuco

Ave da familia dos cucúlidos, de cor cinsenta nas partes superiores e o pescozo e abrancazada con bandas grises nas inferiores, coa cola máis escura, que se caracteriza polo seu canto

Etimoloxía

Voz de orixe onomatopeica que imita a voz da ave.

Exemplos *

“Noutras ocasións asegúrase que o cuco procede doutros paxaros, como a rola.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e miragres, 2011)

“Celébrase no concello pontevedrés de Arbo cando a abubela e o cuco cantan polos vales aquilo de "No abril para min".” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.