Peza de lenzo, algodón ou celulosa absorbente, que se coloca coma unha braga e que se lles pon aos nenos pequenos ou as persoas con problemas de incontinencia
Etimoloxía
Palabra formada a partir de "cu" e esta procede do latín culum “nádegas”.
Exemplos *
“Non ben entrar, a nora e a muller debruzáronse nos cueiros do cativo e, cando me decatei, xa tiña a lexítima diante de min, sorrinte de felicidade, arrimándome aos mesmos fociños un cueiro aberto [...]” (Carlos Mella: Memorias dun ninguén, 2009)
“[...] A nai suposta entretense baixando e subindo a cabeza cheirando o cueiro do seu suposto bebé, pon mala cara, vaille sentar mal a comida, ¿e o bebé?, de seguro que os potitos estaban caducados.” (Manuel Seixas: Viñeron do espacio interior / O día do mutante, 1996).
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.