cuíña

Pequena elevación do terreo, de pouca extensión

Etimoloxía

Vocábulo de orixe controvertida.

Exemplos *

“Joseba Ziarreta turrou con forza e arrastrouno canda el cuíña arriba, as balas dos gardas asubiaron demasiado próximas. Alcanzaron o coto; despois batuxaron entre as pozas e as silveiras, atravesaron o pequeno regato que estremaba a muga.” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

“Hai que ter coidado con non tocar os tesouros alí agachados, pois o mar anegará todo o que haxa arredor: así se di en Sandomedio, en Pena Cuíña e mais en Verín.” (Xoán Ramiro Cuba Rodríguez e Xosé Miranda Ruíz: Diccionario dos seres míticos galegos, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.