culler

Utensilio que consta dun mango longo e unha pa oval no extremo, usado para levar á boca líquidos ou substancias pouco consistentes.

Etimoloxía

Aparece do termo latino cocleare, –aris 'culler' que, á súa vez, bebía do grego kokhliárion 'culler' e este de kokhlías 'cuncha do caracol'.

Exemplos *

"Descifráronlle correctamente o aceno, coma decote, e coma decote non transcorrera un minuto e xa estaba a remexer coa culler no seu cacao." (Xabier López López: O caderno)

"Velasco meteu mesmo dentro do prato, por unhas poucas veces, o dedo furabolos, tentando recadar unha ou dúas estrelas de pasta que aboiaban á deriva, resistentes á culler. " (Xosé Vázquez Pintor: Quen faga voar)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.