Aquilo con que un proceso chega ao seu final e acada o maior interese, intensidade etc. / Acción de culminar
Etimoloxía
Voz relacionada co verbo “culminar” que procede do latín tardío culmināre 'levantar, elevar'.
Exemplos *
“A champaña Chandón era a culminación dunha noite exitosa, onde se falaba de todo. Alí resolvíanse cuestións de Estado, pechábanse grandes negocios ou se producían efémeros romances.” (Grupo de comunicación Galicia no Mundo: Galicia Confidencial, 23-4-2016)
“Nas últimas décadas do século XIX e nas primeiras do XX podemos situar simultaneamente, sen faltar á verdade, a culminación e o declive da literatura de viaxes.” (María López-Sández: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


