Palabra ou expresión grega ou latina que entrou a formar parte dun idioma en época tardía, por vía culta
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre “culto” do latín cultus ‘cultivado’ e o prefixo “-ismo”.
Exemplos *
“Era xa un cultismo de uso na fala un tanto requintada e na lingua dos escritores, aínda que quizais no uso común e concellar tivese menos uso.” (Baldomero Cores Trasmonte: Dereito autonómico de Galicia, 1987)
“(...) inverno e invernadoiro, derivados do latín hibernare, ' pasar o inverno ' _onde ademais do cambio do b polo v, desaparece o h_, que coexisten pacificamente cos cultismos hibernar e hibernación.” (Luís Daviña: O Correo Galego, 21-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.