cuña (publicitaria)

Espazo publicitario breve en radio ou televisión.

Etimoloxía

Proponse que derive do latín cuneus –i ‘formación triangular’.

Exemplos *

“As cuñas de publicidade, escasas, teñen, polo demais, a súa estrela: os anuncios das bolsas comerciais, nas que, afortunadamente, non abundan as filas.” (Carlos Taibo: Europa sen folgos. Para entendérmo-los problemas das periferias europeas)

“Valados publicitarios, anuncios en prensa, cuñas radiofónicas; a frase repítese en todas partes.” (Luís Álvarez Pousa e Pacho R. Tristán: Tempos Novos 06-1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.