Irmán ou irmá dun dos cónxuxes respecto ao outro, ou cónxuxe dun irmán ou dunha irmá respecto a unha persoa
Etimoloxía
Palabra que ten a súa orixe na latina cognatus ‘parente consanguíneo’.
Exemplos *
“Por muito que digas, digas, / miña cuñadiña nova,/ por muito que digas, digas, / túa nai é miña sogra.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. VI Coplas diversas, 1993)
“O río cando vai cheo / leva tinta e máis papel, / vai levarlle unha cartiña / ao meu cuñado Manoel.” (Xoaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


