cupido

Deus romano do amor, representado por un neno con ás, ás veces cos ollos vendados como símbolo da cegueira do amor, que leva un arco e frechas que emprega para tirar aos corazóns.

Etimoloxía

Procede do substantivo cupido, -inis 'desexo, paixón', derivado do verbo cupiere 'desexar'.

Exemplos *

"… non é difícil que, dun día para outro, nos poñamos a uliscar no aire a última pista deixada polas ás de Cupido." (Xosé A. Neira Cruz: Galicia Internacional 07-1996)

"E que mellor oportunidade ca esta que nos brinda unha festa en que celebramos, non sen nostalxia, a primavera da vida, o espertar da flor, o tránsito da inocencia ás doces frechas de Cupido." (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.