Procedemento que se emprega para curar
Etimoloxía
Palabra que procede da latina cura ‘coidado’ ou ‘tratamento’.
Exemplos *
“Temos que baixalo a quirófano, (...); é mellor que aproveitemos a ocasión para atallar o mal definitivamente; poderiamos tentar a cura sen intervención cirúrxica, pero ¿como controlar eses nervios , eh, Prudencio?; pois veña, mañá ás nove baixamos, ¿vale?” (Xosé Vázquez Pintor: Quen faga voar, 2000)
“Condenárono a vivir, hippy ou non hippy, outro país con toque de queda, con fascistas debaixo das pedras e con unha chea de mozos que vivían crendo que a psicanálise era a cura de tódolos males ou a panacea sentimental.” (Inma López Silva: Contos da Baiuca / Aqueles que retratan o vento, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.