cura

Sacerdote católico.

Etimoloxía

A forma idéntica do latín tiña o significado de ‘coidado’ ou ‘tratamento’, aplicado ao sacerdote porque tiña ao seu cargo a cura espiritual dos fregueses.

Exemplos *

“Miro e véxoo a el, viña vestido de cura pero coñecino pola cara, aquela cara non se me esquece.” (Suso de Toro: Tic tac)

“O home que tal falaba vestía sotana de cura, pero non era un cura.” (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.