curación

Acción e efecto de curar

Etimoloxía

Voz que nos chega desde a latina curatio - ōnis.

Exemplos *

“Desde o TTD insisten na importancia da detección temperá para aumentar as posibilidades de curación.” (EP: Galicia Confidencial, 25-3-2024)

“O doutor François-Joseph-Victor Broussais publicou outro texto de extensión similar, (...), e do que tamén tomei boa nota, non só do seu estilo e linguaxe, senón tamén do seu interesantísimo contido e das especulacións que había sobre a causa e curación posible da enfermidade.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.