curmán, -á

Fillo ou filla dun tío ou dunha tía

Etimoloxía

Termo creado cunha variante da preposición latina cum-, máis "irmán" que remite ao equivalente latino germanus ‘irmán’.

Exemplos *

“O meu curmán Luís, que traballa na Coruña, é agora do Dépor, pero antes, cando estaba en Lugo, era do Celta.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da Santa Compaña, 2010)

“Segundo ela, o noso curmán non podería vivir sen a súa nai.” (Ledicia Costas: Unha estrela no vento, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.