Parte máis elevada dun monte
Etimoloxía
Crese que a orixe do termo está relacionado cunha raíz prerromana cor- que indicaba ‘altura’ e que se complementaría co vocábulo latino corona ‘coroa’.
Exemplos *
“Nin curotas nin valgadas, pensa Aldara, mentres tenta adiviñar a orografía desde a visión aplanada da súa traxectoria por viadutos, entre cortes case verticais dos outeiros polos que discorre o coche.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
“Os ventos xélidos e transparentes que baixaban da serra achegaban desde as distancias, as curotas nevadas.” (Ramiro Fonte: Soños eternos, 1994)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.