curro

Cerca de madeira ou de pedra onde se concentra o gando ceibo do monte, especialmente cabalarías e vacas

Etimoloxía

Vocábulo de orixe escura.

Exemplos *

“Despois alguén propuxo ir á feira que había na vila onde facían un curro de cabalos , e alá fomos .” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz/ Un eido ateigado de millo, 2000)

“Recentemente , na área de pastoreo do curro de Sabucedo , descubriuse un complexo inscultórico rupestre , lográndose identificar cinco cabalos , algúns deles en actitude de trote.” (Herminio Pose Nieto: Os animais domésticos na historia de Galicia / Galicia, terra de équidos, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí