curro

Festa que se celebra con motivo de acurrar ou baixar o gando do monte a estas cercas.

Etimoloxía

Proponse que derive de curral, que puido vir dunha forma latina currale, -is ‘circo para carreiras’.

Exemplos *

“Era necesario ir pondo couto ó seu discurso, ilo levando coma as bestas do curro.” (Francisco Xosé Fernández Naval: Tempo de crepúsculo)

“Non comprendo de onde saíu tanta besta xunta, nin que houbese un curro.” (María Gándara: Magog)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.