curso

Período de tempo durante o que se desenvolve a actividade nun centro de ensino

Etimoloxía

Termo que chega desde o latín cursus ‘acto de correr’, ‘viaxe’ ou ‘duración’.

Exemplos *

“Aquel verán fixéronme xefe da banda porque acabando o curso díxenlles ós rapaces no recreo da escola: "¿Se cruzo o río a bucear, facédesme xefe ?" e eles dixeron que si e á saída da clase fomos ata o río e eu mergulleime e aguantei braceando dunha beira á outra.” (Xavier Alcalá: O Larvisión e outros relatos / Evaristo o do cine, 1984)

“Tamén compartiran mesa varios cursos na escola, e horas e horas en bicicleta, andando á par os cinco quilómetros que separaban a casa do instituto, sentindo triscar a cuncha de berberecho que tinxía de branco as rúas da vila mariñeira.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.