Película cinematográfica de curta duración
Etimoloxía
Parece ser que é a adaptación do equivalente francés court-métrage de significado semellante.
Exemplos *
“A chamada a participar con curtametraxes centradas nese contexto en diferentes formatos, desde o documentario até a ficción, tivo unha moi boa acollida con 152 traballos presentados.” (Antón Escuredo: Sermos Galiza, 12-6-2014)
“Encantaríame ter contacto co mundo audiovisual. Só fixen un par de curtametraxes.” (Lupe Gómez: Galicia Hoxe, 21-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.