Persoa que curte peles e plantas téxtiles
Etimoloxía
Nome que se forma sobre o verbo “curtir” que procede de conterere que significa ‘desgastar’.
Exemplos *
“Pasan tres días. Tres días na xudería, entre os curtidores de coiro, os tecedores de liño, os zapateiros... Tres días nos que observo o ir e vir de pacientes no consultorio e aprendo o que podo da ciencia do galeno.” (María Gándara: Magog, 1997)
“Os límites seguían a estar marcados polas portas medievais; nestas portas e rúas tiñan o seu asento oficios específicos como os mesóns ( porta da Corredoira e do Concello ), os ferradores ( rúa da Corredoira ) ou os curtidores de peles, arredor da porta da Pía da Casca, que servía para a limpeza dos coiros e daba nome á zona.” (Marcos Valcárcel: Historia de Ourense, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.