Comida de orixe magrebí, que consiste en pasta de fariña en forma de grans, cocida ao vapor e guisada de diferentes maneiras
Etimoloxía
Termo que adaptamos do francés couscous, e este bebe no árabe kuskús.
Exemplos *
“O pai, ao que acaban de botar do estaleiro no que traballaba, decide transformar un vello barco en restaurante especializado no cuscús con peixe que prepara a súa ex muller.” (Xosé Valiñas: A Nosa Terra, nº 94, 29-1-2009)
“Cunqueiro en Se o vello Sinbad volvese ás illas fálanos das Cotovías, das cascas de laranxa no océano e da nostalxia das ribeiras de Oriente. Cheiran as súas palabras a cuscús, canela e figos pasos.” (Rosa Aneiros: De Luns a Venres, 3-9-2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


