Obxecto de ouro ou prata no que se expón a hostia consagrada á adoración dos fieis.
Etimoloxía
Tomámolo do latín custodia, -ae 'garda', que á súa vez se formara sobre custos, -odis 'gardián'.
Exemplos *
"… a Santa Custodia entraba solemnemente nos peiraos para recibir a homenaxe dos homes do mar, que a levaban en procesión …" (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)
"Señor, esa custodia está consagrada e non é de bo cristián feirear con ela." (Xavier Lama: O serodio remordemento do amor)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


