Coidar de algo ou alguén para evitar que sexa roubado, atacado etc.
Etimoloxía
Vocábulo formado sobre “custodia” que vén do latín custodia de significado semellante.
Exemplos *
“A creación deste centro serviría, ademais de arquivo onde custodiar todo tipo de documentación sobre o tema, como un observatorio para intercambiar experiencias entre as propias CMVMV.” (Antón Escuredo: Sermos Galiza, 3-8-2012)
“Non dispoñendo ata o presente nin dos funcionarios repetidamente requiridos, nin dos auxilios oportunos en materia de locais ou dependencias, tendo por esa razón que custodiar os documentos, probas e atestados debaixo da cama da pousada.” (Carlos Casares: Os mortos daquel verán, 1987)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


