Que custa moito, en diñeiro ou esforzo.
Etimoloxía
Deriva de custo e este, á súa vez, de custar, procedente do latín constare 'fixar, permanecer' e tamén 'adquirirse por un prezo'.
Exemplos *
"Quen podería ser a persoa que facía un galano tan custoso, tan belo." (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)
"Invadiunas de atencións, de regalos pequenos e custosos, custosos e cheos de cariño, de delicadeza e de bo gusto, e foinas sometendo." (Alfredo Conde: Sempre me matan)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.