cute

Pel humana, especialmente a da cara.

Etimoloxía

Procede do latín cutis, -is, que denominaba a pel, tanto a das persoas coma a das froitas.

Exemplos *

"… aquel pequeno peito de pel suave, que contrastaba tanto coa cute da súa cara, ou coa dos seus brazos e pernas, intensamente dourada polo sol …" (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto)

"… moi cinicamente sostiña o sorriso mirándoa directamente á cara, a través dos cristais, observando as súas olleiras, a súa cute de muller minguada da noite para o día …" (Franscisco Alonso: Cemiterio de elefantes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.