Movemento artístico e literario xurdido en Europa no ano 1916, que renega de todo valor racional e tradicional e que propugna a supresión de convencións con respecto á arte
Etimoloxía
Préstamo do francés dadaïsme de significado semellante e que se crea desde unha onomatopea infantil.
Exemplos *
“E, certamente, a produción artística das vangardas, o dadaísmo, o futurismo e o cubismo non lle interesaban para o obxectivo co que partira á viaxe.” (Camiño Noia: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936 / A viaxe de estudos de Castelao a Europa, 2011)
“Neste sentido, a arte de Castelao nin ren ten que ver (contrarrevolucionaria) coas vangardas artísticas _"son os tolos de París"_ que triunfaban na capital gala, por exemplo, o ultraísmo (1920), dadaísmo, etc.” (Ramón López Vázquez: Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.