dádiva

Aquilo que alguén, en particular un soberano ou superior, concede como graza, de maneira especial e xenerosa

Etimoloxía

Palabra que vén do baixo latín dativa, plural de dativum ‘donativo’, coa influencia do termo, tamén latino, debĭta 'débedas'.

Exemplos *

“Dor é que o traballo non sexa remunerado, senón suxeito de dádivas de quen xa espremeu a máis valía e agora abandona ao traballador coma se fose lixo incómodo.” (Xavier Queipo: Sermos Galiza, 9-1-2014)

“Nove obras literarias que chegan a nós como unha dádiva, un presente de sacra humanidade, e así as debemos agradecer.” (Alfredo Ferreiro: A garza insomne. Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, 2013-2015 [prólogo], 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.