dadivoso, -a

Que dá o que ten con xenerosidade

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “dádiva” que remite ao baixo latín dativa, que é o plural neutro de dativum ‘doazón’.

Exemplos *

“O reloxo de pé estaba apoiado na columna central da sala. A luz do sol que entraba polo balcón vidrado, e hoxe era un día de inverno, pero dun sol dadivoso, un «sol católico» dixo alguén no Xulgado, trazaba coa sombra da columna unha liña divisoria.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)

“Eu penso que xa coñecedes un anaco do meu personaxe, que era un bo home, pacifista e non tiña nin unha miguiña de egoísmo, moi dadivoso no que podía dispoñer, xa que na súa gran miseria o pouco que tiña gustáballe compartilo cos rapaces e sentíase como se fose unha obriga.” (Celsa G. Hermida Viñoa: Anacos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.