dalia

Planta e flor de xardín orixinaria de México da familia das compostas, da que existen diversas especies, con raíz tuberculosa e flores en capítulo, de diferentes cores

Etimoloxía

A denominación da flor dedícase ao botánico sueco A. Dahl.

Exemplos *

“A casa das Perrucas era pequena, pintada de branco, da mesma aparencia sinxela que outras da vila, máis certo estraño requinte que lle daban uns macizos de dalias e unha artificiosa balaustrada que a afastaba da estrada.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)

“Os repolos e as xudías, nas pequenas hortas, abatían a súa utilidade ó pe das rosas e as dalias insólitas que a tenrura feminina campesiña dera en plantar.” (Mª Xosé Queizán: Amantia, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.