dama

Tratamento de respecto para designar ás mulleres, en particular ás que son nobres.

Etimoloxía

Tomouse do francés dame, que evolucionou a partir do latín domina, -ae 'dona'.

Exemplos *

"Buscaba Don Quixote a Dulcinea a sen par bela dama do Toboso mais un mago maligno e envexoso trocaba a linda dona en torda e fea." (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)

"Pola miña vida, señora -dixo Alonso- que non podo considerar desgraza un suceso que me deu ocasión de coñecer a máis fermosa e discreta dama do mundo." (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.