danza

Conxunto de movementos que se executan seguindo o ritmo da música e que forman unha peza completa de baile.

Etimoloxía

Considérase que a súa orixe está no francés antigo dancier ‘bailar’, voz de orixe descoñecida.

Exemplos *

“Don Pedro quere que todo o mundo baile, el mesmo abre a danza coa condesa, as mozas rin ocultando as faces baixo os panos. Don Pedro resulta ser todo un bailarín.” (María Gándara: Magog)

“Nivardo permaneceu quieto, mentres Lidia se ía convertendo nun movemento suave, sinuoso, permanente, que tiña algo de danza do ventre -ou de danza do fogo, ou quizais de samba brasileira.” (Carlos Reigosa: Narcos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.