Persoa que danza.
Etimoloxía
Deriva de danzar, que vén do francés antigo dancier, do que non se coñece con seguridade a procedencia.
Exemplos *
"… festas, entre elas as patronais, nas que a sociabilidade local está presente na función relixiosa e procesión con danzantes, nos bailes …" (Xosé Manuel González Reboredo: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro)
"… temos a sensación de que tódolos danzantes realizaban o mesmo esforzo cando iso é enteiramente falso …" (Paco Martín: Dende a muralla)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.