Dar fin a algo que se estaba a realizar
Etimoloxía
Expresión formada polo verbo “dar” que ten a súa orixe no equivalente latino dare e o substantivo “cabo” que nos leva a voz latina caput ‘cabeza’.
Exemplos *
“Gustaríalle tamén participar no futuro desa redención e responder á pregunta "para que son útil?", pero ha de a deixar adiada para mellor gloria do Martiño Dumbría e outros rapaces novos que andan polas páxinas do romance Devalar, tamén de autoría oteriana, cos que daremos cabo a esta viaxata polo mundo de Solovio.” (Ramón Villares: Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, 2018)
“Fai unha análise do patriarcado (...) e convoca as mulleres á acción para dar cabo deste inxusto e cruel sistema. Faino con propostas pacíficas.” (María Xosé Queizán: Anti natura, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


