deambular

Andar dun sitio para outro sen rumbo fixo.

Etimoloxía

Vocábulo culto que deriva directamente do latín deambulare ‘pasear’.

Exemplos *

“Todos estamos a deambular, perdidos, por un camiño invisible.” (Ramón Loureiro: O corazón portugués)

“A pesar da xente que parecía deambular ao chou polas rúas, a cidade tiña moito de solitario e de fuxidío." (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.